The table 'tx_glstats_news_visited' is full
Como xa sabes, internet bota fume estes días. Dende que a pasada semana se subisen as gravacións das obras gañadoras e finalistas do II Concurso de Composición froito do concerto que a Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas realizou no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o día 30 de decembro, as visitas nesta web foron 1800 chegando a 17800 páxinas vistas.
Pero agora e tempo para máis novidades. Dende este momento, comezan a estar dispoñibles tamén as gravacións en audio do III Certame Galego de Bandas, que tivo lugar durante os días 27, 28 e 29 de novembro no Auditorio de Galicia.
Neste enlace iremos actualizando as gravacións que vaian estando dispoñibles na sección Comunidade desta web. Ademais, as gravacións tamén estarán dispoñibles para a súa descarga en audio sen perdida de calidade, dende a sección de descargas do certame.
De momento, podes escoitar, só nesta páxina, as bandas de:
E MOI PRONTO OS VIDEOS TAMÉN!